cuaternio

cuaternio
s m [MAT]

Número hipercomplexo do tipo a+bi+cj+dk, onde a, b, c, d son números reais e i, j, k seguen as regras formais alxébricas: i2=j2=k2=-1, i·j=-j·i=k, j·k=-k·j=i, k·i=-i·k=j. Os cuaternios pódense operar alxebricamente (suma e produto) como os complexos, dos que son unha extensión. O conxunto dos cuaternios, introducidos e estudiados por Hamilton, ten estrutura de corpo non conmutativo.