Cubeiro

Cubeiro
  1. [ONOM]

    Apelido que ten a súa orixe nun alcume de carácter profesional aplicado a individuos que tiñan por oficio facer ou reparar cubas. Non se pode descartar a posibilidade de que a súa orixe sexa un topónimo, xa que esta forma tamén se atesta na nosa toponimia (na provincia de Lugo). Documéntase no s XV: “Pedro Cubeiro” (doc ano 1482 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977, p 262). Adoita aparecer grafado con -v- non etimolóxico: Cuveiro.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae por armas escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cunha aguia de ouro coroada de prata; segunda partición, en campo de ouro, cun castelo de goles, aclarado de prata e superado de tres luceiros de azul, colocados en faixa.