cuestor

cuestor

(< lat quaestōre)

  1. s m [HIST/DER]

    Maxistratura dobre, de rango inferior ao do cónsul, e dotada, durante a época republicana, da potestas. Orixinariamente eran elixidos polo cónsul como os seus axudantes e durante o s V a C o seu número aumentou ata catro; distinguíanse unha parella de cuestores urbanos, que se ocupaban da xestión do tesouro, e outra de cuestores militares, que desenvolvían unha función económica similar entre as tropas en campaña, pero que tiñan a facultade de dirixir os exércitos. Durante o s III a C creáronse catro novos cuestores para as tropas da Mariña, e na ditadura de Sila o seu número aumentou ata vinte; dende ese momento pasaron a ocuparse da supervisión dos gastos dos gobernadores nas provincias senatoriais. Durante o Imperio perderon a maior parte das súas atribucións en favor dos funcionarios nomeados directamente polo emperador e encargáronse da organización dos xogos.

  2. s m [HIST/DER]

    Relixioso, eclesiástico ou laico, que recadaba esmolas para unha obra piadosa ou de beneficencia.