cúfico -ca
cúfico -ca
(< topónimo Al-Kūfa)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á antiga cidade de Al-Kūfa, no Irak meridional, ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante da antiga cidade de Al-Kūfa.
-
adx
-
adx
[ESCR]
Aplícase ao tipo de escritura árabe empregado durante os ss VII-X, de caracteres angulosos e ríxidos. Utilizouse en inscricións sobre madeira e nos primeiros exemplares do Alcorán.
-
adx
[NUMIS]
Aplícase ás moedas musulmanas dos ss VII-XI e ás de Italia do S e Sicilia, dos ss XI-XII, que tiñan inscricións con este tipo de escritura.