cumprimento

cumprimento

(

  1. s m

    Acción e efecto de cumprir ou de cumprirse.

  2. s m

    Acto ou expresión de saúdo, respecto, cortesía ou calquera outra cerimonia cara a alguén. OBS: Úsase, polo xeral, en plural.

    Ex: Todo eran cumprimentos para o director. Entrou sen facer cumprimentos. Non recibiu ningún cumprimento do seu compañeiro.

  3. cumprimento de obriga [DER]

    Exacta e completa execución da prestación debida que comporta a extinción da obriga. OBS: Recibe tamén o nome de pagamento.

Palabras veciñas

cumpridor -ra | cumprimentar | cumprimenteiro -ra | cumprimento | cumprir | cúmulo | cumulonimbo