Cunninghamia

Cunninghamia

(< antropónimo J.Cunninghame, cirurxián que enviou dende China mostras da árbore a Inglaterra)

[PLANTA]

Xénero de árbores, da familia das taxodiáceas, ao que pertence a especie C. lanceolata. De ata 30 m de altura, presenta casca agretada, copa ancha de forma piramidal, acículas de ata 7 cm de lonxitude e 7 mm de anchura, lanceoladas de ápice agudo, e bordo denticulado de piñas globosas de ata 5 cm de diámetro dispostas no extremo das pólas. A madeira é moi apreciada para a construción pola súa resistencia. Orixinaria de China, en Galicia está presente como especie ornamental.

Palabras veciñas

cunicultura | cunnilingus* | Cunningham, Merce | Cunninghamia | cuño | Cuño | cunqueiro -ra