Cupido
Cupido
[MIT]
Divindade romana do amor, denominada Eros na mitoloxía grega. Tradicionalmente, considérase fillo de Venus e Marte. Na iconografía adoita representarse como un meniño alado (ou desprovisto de alas), cun arco e unha alxaba con frechas (para ferir os corazóns) ou cun facho (para inflamar os corazóns); ás veces, aparece cos ollos vendados como símbolo da cegueira do amor. Estas representacións proliferaron na arte renacentista e barroca.