cuprita

cuprita

(

s f [MINERAL]

Óxido de cobre, de fórmula Cu2O. Cristaliza no sistema regular en cristais normalmente octaédricos. Tamén se presenta en forma fibrosa ou granular. Ten unha dureza de 3,5-4 e unha densidade de 6,1. A cor é vermella e ás veces case negra. Altérase facilmente e está na zona de oxidación dos depósitos de cobre, normalmente asociada con cobre, malaquita, azurita, calcosina, óxidos de ferro e arxilas.

Palabras veciñas

cupri- | cúprico -ca | cuprífero -ra | cuprita | cupro- | cuproaluminio | cuproberilio