cúpula
(
-
[ARQUIT/ARTE]
-
s
f
Tipo de cuberta que, cunha superficie semiesférica xerada pola rotación dun eixe central, cobre unha planta constituída por un cilindro ou un polígono de moitos costados. Se se erixe sobre unha base cadrada, cómpre situar nas esquinas uns elementos, pendentes ou trompas, que permitan o paso do cadrado ao círculo. No caso de erixir unha cúpula sobre unha base cadrada, tomando a diagonal do mesmo como diámetro da cúpula, recibe o nome de bóveda vaída. Adoita ter ventás na base circular ou no tambor sobre o que se levanta. Neste caso, no remate da cúpula sitúase unha lanterna. Se a cúpula non ten tambor e é esquifada, denomínase bóveda de panos. A arquitectura micénica empregou as falsas cúpulas, como o Tesouro de Atreo. Non obstante , o emprego sistemático da cúpula como elemento de cubrición comezou en Roma. Na época republicana empregouse no mausoleo de Cecilia Metela, e durante o Imperio construíronse a cúpula do Panteón de Roma (s II), onde as presións se reduciron por medio da concentración das liñas de forza en puntos concretos, e a do templo da Minerva Médica (s III), onde as presións se contrarrestan por dous cuartos de esfera laterais. A arquitectura islámica tamén empregou este sistema de cubrición (Cúpula da Rocha de Xerusalén e Taj Mahal de Agra), e mesmo durante o califato de Córdoba creou a cúpula califal. A arquitectura bizantina asimilou as achegas romanas e desenvolveu as cúpulas sobre pendentes e sistemas que contrarrestaban as forzas. Entre outras construcións cupuladas destaca a de Santa Sofía de Constantinopla, a igrexa dos santos Serxio e Baco de Istambul, e San Vitale e o baptisterio dos Ortodoxos de Ravenna. Durante a Idade Media esta cubrición transmitiuse a Venecia (San Marcos, s XI) e ao románico europeo (Saint-Front de Périgueux e catedrais de Zamora e Salamanca do s XII). Trala paréntese do gótico, o Renacemento revitalizou o seu uso, impregnado de simbolismos cósmico-teolóxicos. Entre outras, destacan a da catedral de Florencia de Brunelleschi e a de San Pedro do Vaticano de Michelangelo. A arquitectura barroca recolleu a herdanza renacentista e creou novos tipos, como a de planta elíptica de Borromini en San Carlo alle Quattro Fontane, en Roma (s XVII). Entre outras destacan a da igrexa de Saint Louis des Invalides de París, obra de Jules Hardouin-Mansart, e a da catedral de Saint Paul de Londres, de Christopher Wren. Os avances técnicos dos ss XIX e XX permitiron o emprego de novos materiais que posibilitaron a cubrición de grandes espacios. Entre outros, empregouse o formigón armado, como no Palazetto dello Sport de Roma, de Pier Luigi Nervi (1960), e o aceiro, como no Palau Sant Jordi de Barcelona, de Arata Isozaki (1992).
Sinónimos: bóveda, ciborio. -
cúpula bulbiforme
Cúpula que adoita a forma dun bulbo. É característica da arquitectura da Europa oriental.
-
cúpula califal
Cúpula islámica formada por oito nervios que se entrecruzan para formar un polígono estrelado. Empregouse por primeira vez na mesquita de Córdoba.
-
cúpula de cuarteiróns/cúpula lobulada
Cúpula levantada sobre unha base circular e dividida en elementos independentes que teñen curvada a súa base.
-
cúpula encamonada
Armadura de madeira e xeso que adoita a forma dunha cúpula. De orixe francesa, foi característica da arquitectura española do s XVII.
-
cúpula Fortuny
Elemento escenográfico, ideado por Mariano Fortuny de Madrazo, consistente nun cuarto de esfera que ocupaba todo o escenario, coa banda cóncava de cara ao espectador. Permite dar unha perfecta ilusión da bóveda celeste nas escenas que simulan transcorrer ao aire libre.
-
cúpula panteónica
Cúpula que se asemella á do Panteón de Roma, aínda que non ten porque erixirse no centro do edificio.
-
cúpula xeodésica
Cúpula formada pola unión de sectores tetraédricos ou octaédricos de pouco peso que permite a cubrición de grandes espacios sen o emprego de soportes. Ideouna o enxeñeiro R. Buckminster Fuller en 1947.
-
falsa cúpula
Cúpula construída pola superposición de fiadas. Comezou a empregarse na arquitectura micénica.
-
media cúpula
Cuberta dunha ábsida que forma a metade da sección dunha cúpula enteira.
-
s
f
-
s
f
[ASTRON]
Cuberta metálica móbil do edificio que garda un telescopio. Tamén se chama cúpula astronómica.
-
s
f
[BOT]
Parte do froito das fagáceas de orixe axial que envolve a base do aquenio, co que constitúe a landra. Sobre ela van fixadas unha serie de pequenas brácteas imbricadas.
-
s
f
[BOT]
Arilo de teixo.
-
s
f
[BOT]
Envoltura que nas pteridospermas inclúe unha ou máis sementes.
-
s
f
[ANAT]
Parte alta de certos órganos e estruturas anatómicas.
-
s
f
[XEOL]
Pequena protuberancia que se separa do corpo principal dunha intrusión ígnea.
-
s
f
Conxunto de persoas que teñen ao seu cargo a dirección dalgu-nha organización.
Ex: A cúpula dese partido político reuniuse para analizar os resultados electorais.