curador -ra

curador -ra

(

  1. s [DER]

    Persoa física ou xurídica designada en testamento ou xudicialmente para exercer unha función tutelar dos menores emancipados, incapacitados e pródigos, baixo a salvagarda do xuíz, en todos aqueles actos que por imperativo legal non poden realizar por si mesmos.

  2. curador de fideicomisos [DER]

    Persoa ou persoas designadas polo causante, ou de modo subsidario polo xuíz, que ten que representar e defender os intereses dos fideicomisarios non nacidos nin concibidos, ou dos fideicomisarios que só teñen a personalidade determinable por algún acontecemento futuro.

  3. curador de herdanza xacente [DER]

    Persoa designada polo xuíz, a instancia do herdeiro nomeado polo causante, cando este non elixiu testamenteiro, que ten a finalidade de representar e administrar a herdanza que está sen titular. A non aceptación da curadoría pode provocar a declaración da herdanza como vacante ou xacente.

Palabras veciñas

curaçao* | curación | curado -da | curador -ra | curadoría | curandeirismo | curandeiro -ra