curioso -sa

curioso -sa

(< lat curiōsu)

    1. adx e s

      Que se interesa en adquirir novos coñecementos.

      Ex: O seu espírito curioso levouna a viaxar por todo o mundo. O novo programa radiofónico está dirixido a curiosos deses temas.

    2. adx

      Que se interesa polos asuntos dos demais.

      Ex: É tan curioso que quere saber a vida de todos os do edificio.

  1. adx

    Que chama a atención pola súa singularidade ou orixinalidade.

    Ex: No acuario había peixes ben curiosos. Cando a coñezas has de comprobar que é unha rapariga moi curiosa.

  2. adx

    Que é ordenado e limpo.

    Ex: Vive cuns compañeiros de piso moi curiosos que sempre teñen os cuartos impecables. Presentou un traballo tan curioso que recibiu moitos parabéns.

  3. adx

    Que se realiza con atención e coidado.

    Ex: Este carpinteiro é moi curioso facendo mobles.

Palabras veciñas

Curio Dentado, Manio | curión | curiosidade | curioso -sa | Curitiba | curl* | Curl, Robert F.