Currás
Currás
ila romana de carácter urbano, coñecida tamén como vila de Medos, situada preto da desembocadura do Miño, na parroquia de Currás, concello de Tomiño. Foi escavada polo Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño durante a campaña de 1972. Datada no s IV, está composta por dous grupos de construcións: o primeiro presenta dúas dependencias dispostas ao redor dun gran cuarto dotado cun hipocausto; a outra edificación, de menor entidade, presenta o interior compartimentado.