curtidor -ra
curtidor -ra
(< curtir)
adx e s
Que ou quen curte. O curtidor ocupábase de branquear as peles e os coiros “en branco”, é dicir, nada máis adobadas con tinturas vexetais e sen acabar. Enriba desta materia aplicáballe todo un conxunto de operacións, coñecidas como de acabado, e entregaba deste xeito un artigo que utilizaban os zapateiros e outras persoas de oficios relacionados coa pel. O oficio de curtidor, documentado xa no reinado de Xaime I, quedou incluído dentro do proceso xeral do curtido moderno.