Curuxeira
Curuxeira
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos que recibiron a súa denominación debido á abundancia de curuxas neses lugares. Documéntase no s XVII: “Afonso da Curuxeira” (doc ano 1602 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 551). Unha variante deste é Cruxeira.