curvatura

curvatura

(< lat curvatûra)

  1. s f
    1. Calidade de curvo.

    2. Forma curva dun corpo.

      Ex: A curvatura da bóveda de canón.

  2. s f [MAT]

    Límite da razón, nunha curva plana, entre a variación da inclinación da tanxente sobre un arco dado e a lonxitude deste arco ao facelo tender a cero. Analiticamente, defínese mediante a expresión:


    FORMULA


    na que f(x) é a ecuación da curva en coordenadas cartesianas.

  3. curvatura de campo [FÍS]

    Aberración xeométrica consistente na imposibilidade de conseguir imaxes nítidas sobre unha superficie plana dun obxecto plano e perpendicular ao eixe dun sistema óptico, dado que os círculos de máxima nitidez non forman, en xeral, un plano.

  4. curvatura do espacio [FÍS]

    No marco da relatividade xeral, propiedade xeométrica do espacio-tempo pola que este se curva por mor da presenza de materia. O movemento das masas enténdese como un movemento libre ao longo das xeodésicas do espacio-tempo, en lugar de selo en termos da interacción gravitacional. O tensor de curvatura explicita matematicamente esta propiedade.

  5. raio de curvatura [MAT]

    Raio dunha circunferencia que ten unha curvatura que coincide coa dunha curva nun punto dado. Esta circunferencia recibe o nome de círculo de curvatura ou ben círculo osculador. O valor R do raio da curvatura é o inverso da curvatura C. O centro do círculo osculador recibe o nome de centro de curvatura da curva.

Palabras veciñas

Curva Mágika | curvado -da | curvar | curvatura | curvi- | curvilíneo -a | curvímetro