cutícula
(
-
s
f
Capa ou membrana fina que recobre unha estrutura orgánica.
-
s
f
[BOT]
Capa complexa, impermeable e resistente, que se deposita sobre a superficie externa das células epidérmicas das plantas de xeito que illa o seu interior e evita a perda de auga e, en boa parte, tamén a de gases. Consta de diversas capas: unha capa péctica, sobre a membrana celulósica, en continuidade coas láminas medias, non sempre presente; unha capa cutinizada, de celulosa impregnada de cutina e ceras; e unha capa cuticularizada, de cutina pura. É frecuente que sobre ela teña depósitos de cera epicuticular, hidrófuga.
-
s
f
[ZOOL]
Capa protectora de natureza quitinosa, non celular, producida pola hipoderme, que reviste o corpo dos invertebrados.
-
s
f
[ZOOL]
Epiderme dos vertebrados.
-
s
f
[MICOL]
Capa externa, de natureza quitinosa, das frutificacións dos fungos.
-
s
f
Pel que nace na base das unllas.