Czartoryski
Liñaxe principesca lituana establecida en Polonia, iniciada por un fillo do primeiro gran duque de Lituania, Guedymin I (morto en 1341). O príncipe Alexandre Czartoryski (1510-1570) contribuíu á unión entre Lituania e Polonia. O príncipe Federico Miguel Czartoryski (1696-1775), starosta de Gradzik e Luck, foi vicechanceler (1724) e gran chanceler (1752) de Lituania; o seu neto, o príncipe Adán Casimiro Czartoryski (1734-1823), gran starosta de Podolia e mariscal de campo imperial, pretendeu o trono polaco en 1763; e o seu fillo, o xeneral e príncipe Adán Jerzy Czartoryski (1776-1861), duque de Klewan e Zukow, foi ministro de Instrución Pública do Tsar Alexandre I de Rusia (1807) e reitor da Universidade de Vilna (1804-1824). Trala revolución polaca foi presidente do goberno provisional de Varsovia (1831).