1 d
-
s
m
[ESCR]
Cuarta letra do alfabeto galego, denominada de.
-
s
m
[FILOL/LING]
Grafía que representa o fonema consonántico oclusivo dental sonoro /d/. Realízase como oclusivo [d] en posición inicial absoluta, ou tras /N/ ou /L/ (diante [di’ã9nte], anda [‘ã9nda]); nas restantes posicións, como fricativo [ð] (vida [‘biða]). Nas palabras patrimoniais só pode aparecer en posición explosiva; o normal é que lle siga unha vocal (dama), pero tamén pode formar grupo consonántico explosivo con /ɾ/ (adro); en palabras cultas ou préstamos de recente incorporación tamén pode formar grupo con /ɾ/ (a-dre-na-li-na), e non sempre forma grupo tautosilábico (ad-re-nal, ad-lá-te-re). En palabras non patrimoniais tamén pode aparecer en posición implosiva, aínda que nestes casos hai unha tendencia moi xeneralizada á súa omisión: mantense na escrita, pero é xeral que só se realice foneticamente nun rexistro coidado (admirar [admi’ɾaɾ]), o máis habitual é a desaparición ou alteración da articulación ([a6θmi’ɾaɾ]), e mesmo, na fala máis popular, chega a vocalizarse ou a incorporarse unha vogal que serve de apoio e converte a consoante en explosiva ([aðemi’ɾaɾ]). En posición implosiva tamén pode formar grupo con /s/ ante consoante, con tendencia xeral a eliminar a primeira consoante (adscribir [adªskɾi’βiɾ] ou [aªskɾi’βiɾ]). Non se dá en posición final agás nuns poucos estranxeirismos (lied, apartheid, lord). Pode aparecer duplicado -dd-, en posición interior de palabra en latinismos (addenda). Diacronicamente a grafía <d> procede de: a) consoante oclusiva sonora D- en posición inicial seguida de vocal (danar < lat DAMNĀRE, dez < DĔCE, dedo < DĬGĬTU, doar < DŌNĀRE, doce < DŬLCE, gordo < GŬRDU). Nalgún caso por fonética sintáctica pode perderse este D- inicial por estar en posición intervocálica (ameixa < (PRŪNA) DAMASCĒNA); b) simplificación da consoante xeminada oclusiva dental sonora latina -DD- en posición intervocálica (aduzir < ADDŪCĔRE); e c) sonorización da consoante oclusiva dental xorda latina -T- seguida de a, o, u (padal < PALATĀLE, bodega < APŎTHĒCA, cabido < CAPĬTŬLU), ou en posición posvocálica e formando grupo con R (ladrón < LATRŌNE, madre < MATRE, vidro < *VĬTRĬU).