dacrimicetal

dacrimicetal

(< lat científico Dacrymyces,xénero de fungos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás dacrimicetais.

  2. s f [FUNGO]

    Fungo da orde das dacrimicetais.

  3. s f pl [FUNGO]

    Orde de basidiomicetos de basidiocarpos xelatinosos e basidios unicelulares claviformes. Fórmanse principalmente sobre troncos en descomposición. Os xéneros máis importantes son Dacrymyces, Guepinia e Calocera.

Palabras veciñas

dacri(o)- | dacriadenite | dacrimicetáceo -a | dacrimicetal | dacrio- | dacriocistite | dacriocisto