dáctilo

dáctilo

(< lat dactylu < grδάκτυλος ‘dedo’)

s m [LIT]

Pé métrico da poesía grecolatina composto por unha sílaba longa e dúas breves. Foi o pé máis empregado polos autores clásicos. Tralo paso do sistema latino de cantidade ao sistema acentual do romance, converteuse nun pé rítmico formado por unha sílaba acentuada seguida de dúas átonas. O ritmo dactílico de base acentual utilizouse na poesía galega medieval asociado ao hendecasílabo. Posteriormente, recuperouno no Rexurdimento Rosalía de Castro, quen o aplicou a versos de distintas medidas.