Dáctilos

Dáctilos
[MIT]

Xenios cretenses ou frixios do Ida, pertencentes ao séquito de Rea ou de Cibeles. Segundo a lenda eran dez -cinco homes e cinco mulleres-, todos eles magos e dotados de grandes calidades para o traballo manual (de aí o significado do seu nome ‘os dedos’). A tradición atribúelle a difusión, ou mesmo invención, dos misterios. Xunto cos seus parentes, os Curetes, coidaron a Zeus na súa infancia.