Dahomey

Dahomey

Nome que recibiu a República de Benin en varias ocasións ao longo da súa historia. Primeiro como territorio francés: colonia (1894), Territorio de Ultramar (1946) e República Autónoma (1958), e logo como República independente, entre o 1 de agosto de 1960 e o 30 de novembro de 1975, data na que adoptou o nome de Benin.