daico -ca

daico -ca
  1. adx

    Relativo ou pertencente ás linguas daicas.

  2. linguas daicas [LING]

    Familia de linguas pertencente ao phylum tai-kadai. Está formada por aproximadamente corenta linguas, divididas en tres grupos: sudoccidental (o que ten máis falantes e inclúe, entre outras, as linguas tai e lao), central e setentrional. Esténdese por Tailanda, Laos, N de Vietnam, China, India e Myanmar.

Palabras veciñas

Dai-Nihon-shi | Daïa | daiak | daico -ca | Daigo I do Xapón | Daigo II do Xapón | Daikoku