Dajabón
Dajabón
Provincia da República Dominicana (1.021 km2; 68.606 h [estim 1993]). A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas, entre as que destacan o cultivo de arroz e millo e a cría de gando vacún e caprino. A capital é Dajabón (10.896 h [1982]).