Daldinia

Daldinia
[FUNGO]

Xénero de fungos, da familia das xilariáceas, de corpos frutíferos coriáceos e globosos, de ata 50 mm de diámetro, que presentan na superficie numerosos poros que corresponden a cada un dos peritecios nos que se forman as esporas. En Europa está presente a especie D. concentrica, sobre madeira podre de árbores caducifolias, que presenta frutificacións coa superficie de cor negra, lisa e brillante, e a carne dura, de cor púrpura con aneis concéntricos máis escuros.