Damasco

Damasco
[MIT]

Heroe epónimo da cidade siria de Damasco. Segundo as diversas lendas, é fillo de Hermes e da ninfa Halimede, e acompañou a Dionisio na conquista da India. A tradición conta que cortou a machetadas unha vide plantada polo propio deus, feito que provocou que este o esfolara no lugar da futura cidade de Damasco.