Dáme lume
Dáme lume
[IMAX]
Produción cinematográfica galega realizada en 1994. Foi dirixida por Héctor Carré e interpretada por Camilo Rodríguez, Ana Otero, Beatriz Bergamín, Mercedes Sampietro, Juanjo Menéndez, Evaristo Calvo e Nancho Novo, entre outros. Trátase dun thriller ambientado no mundo urbano galego con elementos de humor, que destaca polos movementos de cámara. O seu coidado no tratamento da imaxe valeulle a Héctor Carré unha nominación para a mellor dirección novel dos Premios Goya dese mesmo ano.