dano
(
-
-
s
m
Efecto causado en algo ou en alguén que supón un empeoramento do seu estado. Na tradición oral recóllense ditos como: “O dano, despois de feito, non ten remedio. Para o dano que está feito xa non hai xeito.”
Ex: Aquelas palabras sobre a súa familia fixéronlle moito dano. O temporal causou grandes danos nos cultivos de centeo.
Confrontacións: prexuízo. -
s
m
[DER]
Lesión ou perda causada de forma directa ou indirecta por alguén noutra persoa, ocasionándolle menoscabos, entre outros, na súa personalidade, liberdade, honra e patrimonio. Comporta a obriga de compensar os prexuízos causados.
-
s
m pl
[DER]
Delito que comprende toda acción ou omisión intencionadas que ocasiona a lesión, perturbación ou destrución das cousas valiosas alleas, sen autorización do seu dono, ou das cousas propias especialmente protexidas polo dereito, sempre que non mereceran outra cualificación xurídico-penal. As cousas danadas poden ser mobles ou inmobles, pero teñen que ser necesariamente corporais ou susceptibles de deterioro ou destrución. Exceptúanse os supostos de incendio ou estrago, sempre que non exista unha evidente atribución de responsabilidades.
-
dano emerxente
[DER]
Menoscabo directo que sofre unha persoa ofendida por un feito ilícito nun valor que xa existe no seu patrimonio. A indemnización de danos e perdas comprende o damnum emergens e o lucrum cessans ou produto emerxente, é dicir, o lucro deixado de obter por causa da produción do dano.
-
dano fortuíto
[DER]
Prexuízo creado por unha acción independente á vontade humana, de natureza imprevisible e inevitable. Os contratos das aseguradoras baséanse nel para eximir do pago dalgúns sinistros.
-
danos e perdas
[DER]
Indemnización que ten por finalidade restablecer a situación anterior ao acto lesivo producido por dó, neglixencia ou morosidade no cumprimento das obrigacións. Comprende o dano emerxente, a perda orixinada polo acto mesmo e o lucro cesante, ganancia deixada de obter polo prexudicado por causa do acto lesivo. Os danos son os menoscabos directos producidos polo feito, e as perdas son os menoscabos derivados dos danos.
-
pena de dano
[RELIX]
Pena dos condenados, consistente na privación da visión beatífica.
-
s
m
-
s
m
Alteración que se produce en algo, especialmente nun órgano ou organismo, que supón un mal funcionamento, sufrimento e dor.
Ex: Os médicos cren que o dano está na medula.
-
s
m
Dor ou sufrimento causado por un golpe, unha caída ou algo que altere o estado do organismo.
Ex: Fíxose dano co coitelo.
Refráns
- O que non foi no meu ano, non foi no meu dano.