Daponte

Daponte
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica ponte e mais a contracción da, indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Clemenço da Ponte” (doc ano 1281 en Miguel Romaní, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, 1990-1993, p 1099). Tamén se grafa Da Ponte.

Palabras veciñas

Daphnia | Daphnis | Daphoenositta | Daponte | Dapontes, Kaisarios | Dapousa | dapsona