dar

dar

(< lat dare)

  1. Expresión usada polos escritores árabes da Idade Media para designar o conxunto de países nos que reinaba a lei musulmana.

  2. v t
    1. Facer alguén, de xeito voluntario, que algo pase a ser ou pase a disposición doutra persoa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A dar ninguén se pon rico. Cando Deus dá non é migalleiro. Cando non o dan os cantos dos cregos non o teñen os santos do ceo. Dáme diñeiro e non me deas consellos. Dáo Deus na eira e tólleo Marta na maseira. Dar é de amo recibir é de criado. Dar e ter para que nos veñan ver. Déronme un ovo e déronmo grolo. O dar amolece as pedras.”

      Ex: Deulle cartos para comprar un bocadillo no recreo. Deulle unha leira para facer unha casa.

      Confrontacións: doar, entregar, regalar.
    2. Poñer algunha cousa nas mans doutra persoa.

      Ex: Démoslles os lapis que había enriba da mesa.

    3. Poñer algo a disposición de alguén para que o utilice.

      Ex: Deulle toda a información que precisaba para redactar o artigo. Deulle un consello que non seguiu.

    4. Repartir as cartas da baralla para xogar con elas.

      Ex: Déchesme unhas cartas moi ruíns e vou perder o xogo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Doutra volta dás ti.

  3. v t

    Xurdir algunha cousa doutra que se considera a súa orixe.

    Ex: Esta árbore dá moi bos froitos. Neste lugar as fontes dan augas medicinais. O taller deulle máis perdas ca ganancias. As accións que teño están a darme intereses moi altos.

    Sinónimos: producir.
  4. v t

    Ser causa de que algo ou alguén adquira unha determinada cousa, calidade ou estado.

    Ex: Esta música dáme dor de cabeza. Esa roupa que leva dálle un aire rebelde. Déronlle o emprego que estaba buscando. As túas palabras déronme a forza que necesitaba. Deulle a clave do enigma.

  5. v t

    Facer que exista para alguén unha determinada circunstancia.

    Ex: Deulle unha nova oportunidade no traballo. Deulle de prazo vinte días hábiles. Deulle o motivo perfecto para abandonalo.

  6. v t

    Facer que alguén dispoña da situación que se expresa.

    Ex: Déronme permiso para ir á festa desta noite.

  7. v t

    Organizar un acto ou unha festa.

    Ex: Deron unha cea na súa casa para todos os amigos. Os veciños dan unha festa o domingo que vén.

    Sinónimos: celebrar.
  8. v t

    Deixar ver algo, como mostras, sinais ou probas.

    Ex: Non dan sinais de vida dende hai tres días. Deu probas da súa boa vontade.

  9. v t

    Expor ou explicar algo.

    Ex: Deu unha conferencia sobre economía. A lección que deu hoxe foi moi ilustrativa.

  10. v t

    Traballar sobre unha materia escolar.

    Ex: Cando nós dabamos ciencias, non se explicaba iso.

  11. v t

    Dicir ou facer que se saiba algo.

    Ex: Dáme ben as medidas para facer o traxe. Sempre quere dar a súa opinión. Deu parte ó xulgado do suceso.

    Confrontacións: comunicar.
  12. v t

    Publicar ou dar a coñecer algo.

    Ex: A televisión deu unha información contraditoria.

  13. v t

    Mostrar ou executar un espectáculo.

    Ex: Deu un concerto a coro para conmemorar o seu décimo aniversario. Nestes cines dan boas películas.

  14. v t

    Aplicar unha substancia ou untar algunha cousa con algo.

    Ex: Tes que darlle un pouco de manteiga ó molde para que non se pegue a torta. Deulle unha man de pintura á casa. Deilles betume ós zapatos.

  15. v t

    Facer que algo teña certa forma ou características.

    Ex: Ó podar a árbore deulle forma de barco. A modista dáballe moito ancho á manga da chaqueta. Deulle un ton agresivo ás súas declaracións.

  16. v t

    Levar a cabo a acción indicada polo substantivo que segue.

    Ex: Deu un chimpo e baixou da árbore. Á noitiña sempre dan un paseo.

  17. v t

    Realizar sobre algo ou alguén a acción indicada polo substantivo que segue.

    Ex: Deulle unha aperta tan forte que case o deixa sen respiración. Sempre lles dá auxilio ós necesitados. Se lle dese un zurcido ó vestido non se lle verían as carnes.

  18. v t

    Propinar un golpe a alguén.

    Ex: Deulle unha labazada e marchou chorando para a casa.

  19. v t

    Accionar un mecanismo para permitir que un subministro chegue a un punto concreto.

    Ex: Os da compañía eléctrica deron a luz ás sete.

  20. v t

    Atribuír un significado ou un valor a algo.

    Ex: Non lle dá importancia ó asunto. Deulle carácter secreto ó documento.

  21. v t

    Dicir ou expresar algo.

    Ex: Sempre dá os bos días ó chegar.

  22. v t

    Desprender algo de si ou do seu interior algunha cousa.

    Ex: O centeo non dá gran porque está zorro. Esta caixa dá mal cheiro.

  23. v t

    Tocar o reloxo as horas.

    Ex: O reloxo da igrexa xa deu as once, imos chegar tarde.

  24. v t

    Prescribir algunha cousa necesaria.

    Ex: O médico deulle uns calmantes para a dor.

    Sinónimos: administrar.
  25. v t

    Administrar algo que se precisa.

    Ex: Déronlle antibióticos para curar a tuberculose.

  26. v t

    Xirar a parte expresada cara a algo ou alguén.

    Ex: Despois do que lle dixo deulle as costas e marchou batendo a porta con forza.

    Sinónimos: virar.
  27. v t

    Facer algo, normalmente un forno ou un utensilo de cociña, que saia ben cociñado un alimento.

    Ex: Este forno dá moi ben as tortas de mazá.

  28. v t

    Obter como resultado.

    Ex: Neste exame déronme un sete.

  29. v t

    Perder algo por un motivo que se considera razoable.

    Ex: Daría a vida por salvar a do seu fillo.

  30. v i

    Ir bater unha cousa contra algo ou alguén.

    Ex: A pedra deu na cabeza do Xan.

  31. v i

    Facer que unha cousa choque contra algo ou alguén.

    Ex: Ana deu con dous dardos na diana e eu dei só con un.

    Sinónimos: acertar, atinar, acertar.
  32. v i

    Pegar un axente sobre algo ao que queda exposto.

    Ex: Pon un chapeu para que non che dea o sol na cabeza. Dáballe o frío na cara e tíñaa toda morada.

  33. v i

    Acometer a alguén un estado físico ou anímico.

    Ex: Deulle un ataque ó corazón e case morre. Deulle unha arroutada e marchou.

    Sinónimos: sobrevir.
  34. v i

    Producir algo ou alguén unha sensación nunha persoa.

    Ex: Dá noxo velos tan lixosos.

  35. v i

    Desaparecer algunha marca ou mancha ao lavala.

    Ex: Esta mancha só dá con lixivia.

    Sinónimos: quitar, saír.
  36. v i

    Estar situado ou orientado cara a unha parte.

    Ex: A fiestra do seu cuarto dá ó mar.

    Sinónimos: mirar, mirar.
  37. v i

    Ser suficiente.

    Ex: Estes cartos non me dan para comprar nada.

  38. v i

    Ser o resultado correcto ou exacto.

    Ex: Por máis que a repito esta suma non me dá.

    Sinónimos: cadrar. Confrontacións: atinar.
  39. v i

    Levar a cabo unha actividade con esforzo e constancia.

    Ex: Se lle dades forte, ó acabar imos á festa.

  40. v i

    Accionar ou pór en funcionamento algo.

    Ex: Dálle á chave da luz que non vexo nada.

  41. v i

    Soar as horas.

    Ex: Daban as cinco cando estabamos saíndo.

  42. v pron

    Desenvolverse adecuadamente as plantas ou os froitos da terra.

    Ex: Na súa leira danse moi ben as patacas.

  43. v pron

    Dedicarse á práctica dunha cousa con moito afán e por completo. OBS: Constrúese coa preposición a.

    Ex: Todos na vila din que dende que se deu á droga cambiou moito.

  44. v pron

    Ter lugar un acontecemento.

    Ex: Nunca se deron enfermidades de corazón na miña familia.

    Sinónimos: acontecer, ocorrer, suceder.
  45. v pron

    Repetirse algo un número determinado de veces no mesmo sitio ou ocasión.

    Ex: Por esta época dánse sempre frecuentes baixadas de temperatura.

  46. v pron

    Saír os alimentos ben cociñados.

    Ex: Os guisos danse mellor nunha pota de barro ca nunha de aceiro.

Frases feitas

  • 2 Perder o tempo.

  • A dar co zoco. En abundancia.

  • Dar (en) que pensar. Ter preocupacións por algo.

  • Dar a entender. Facer saber algo non abertamente.

  • Dar a escachar/dar estopa/dar no vivo/dar sen dó. Pegar forte.

  • Dar a xente. Avisar o can cando hai xente estraña.

  • Dar algo no nariz. Resultar sospeitoso.

  • Dar algo o corpo/a alma/o corazón. Presentir.

  • Dar alma aos nenos. Bautizar.

  • Dar ansia. Preocuparse.

  • Dar ao demo a pouca sorte. Maldicir, estar desconforme.

  • Dar ao veo. Insistir excesivamente en algo.

  • Dar arela. Causar grima ou desazón.

  • Dar ben por mal. Devolver favores ou beneficios a alguén que lle fixo mal a alguén.

  • Dar cabido. Decatarse.

  • Dar cambón ao carro. Aumentar unha ou dúas parellas de bois á xunta que tira por el.

  • Dar corda a alguén. Entretelo.

  • Dar dente con dente/as denteladas. Aterecer co frío.

  • Dar en brando. Non encontrar dificultades.

  • Dar en casamento. Entregar o pai a filla a un home para casar.

  • Dar en falso. Non conseguir aquilo que alguén se propón.

  • Dar tino. Facer caso.

  • Dar un bico á cabaza. Beber.

  • Dar unha cotenada. Tropezar coa punta do pé.

  • Darlle a real de inimigo. Rifar moito.

  • Darse coma a chusma/chuzma. Abundar.

  • Ir dar a 1 Ter o seu final nalgún sitio. Ex: Ese camiño vai dar ao río.

  • (ó) pote/aire de conde/aire de grandeza. Ser fachendoso ou altivo.

  • 1 Axudar.

  • 1 Ir contra un mesmo.

  • 2 Castigar.

  • 2 Ceder unha cousa, especialmente unha peza de roupa.

  • 2 Desconfiar que un animal ou unha persoa vai morrer e non resultar certo. Ex: Non daba un carto polo porco e púxose bo en dous días.

  • 2 Ir desembocar unha vía noutra. Ex: Esta rúa vai dar á praza.

  • 2 Parar no traballo cando chega a hora.

  • 2 Quedar limpo algo que está sucio.

  • 2 Rematar algo.

  • 2 Ter por costume a acción que indica o infinitivo. Ex: Deu en ir ao cine todos os días.

  • 2 Axudar a alguén.

  • 2 Desmaiarse.

  • 2 Estimular a alguén con insistencia.

  • 2 Non acertar.

  • 2 Pegarlle a un neno uns azoutes.

  • 2 Preitear.

  • 3 Abandonar.

  • A máis non dar. Apuradamente.

  • Coma quen llo dá a un can. Entregar algo de mala gana.

  • Dála alguén. Enganar.

  • Dálle atrás á vaca/Dálle marcha atrás. Expresión que se lle di a alguén cando esaxera moito.

  • Dálle que dálle/tumba. Teimar.

  • Dállo a cara. Revelar a fisonomía da cara dunha persoa que el é autor de algo.

  • Dáme pan e chámame can. Aplícase á persoa que é doada de manexar.

  • Dar (de si) 1 Ter capacidade para algo.

  • Dar + participio. Perífrase verbal aspectual perfectiva que indica que non se é capaz de rematar o proceso iniciado. OBS: Normalmente, emprégase nas oracións negativas e nas interrogativas, e case nunca nas afirmativas. Ex: Non deu acabado o traballo en dous días.

  • Dar a alma (a Deus)/os fíos á tea/todo de si/proveito ao cura. Morrer.

  • Dar a calada por resposta. Gardar silencio.

  • Dar a cara 1 Responder dos propios actos.

  • Dar a cara por alguén. Responder polos actos doutro.

  • Dar a carón. Recibir azoutes nas propias carnes.

  • Dar a cría. Notárselle a unha femia que está preñada.

  • Dar a gana. Apetecer.

  • Dar a luz. Parir.

  • Dar a matar. Dar asañándose.

  • Dar a palabra do morto/mudo. Non dicir palabra.

  • Dar a roncha. Amolar.

  • Dar a senso. Dar creto.

  • Dar a un en que entender. Poñer a alguén nun apuro.

  • Dar a vida. Vir ben. Ex: Os cartos que me tocaron na lotería déronme a vida para comprar o coche.

  • Dar abasto. Ser quen de realizar un labor con moita axilidade. Ex: Non daba abasto coa xente que tiña na tenda.

  • Dar ao demo algo. Aplícase a calquera cousa da que non se tira ningún proveito.

  • Dar ao rabo. Contestar con evasivas.

  • Dar aos ombreiros. Mostrar desinterese ou indiferencia.

  • Dar as boqueadas/moqueadas/os boqueos. Agonizar.

  • Dar as laudes. Loar.

  • Dar ás/azos. Animar.

  • Dar auga. Prognosticar.

  • Dar avío a unha obra. Facer que progrese.

  • Dar cabo de alguén. Matar.

  • Dar cabo dunha cousa 1 Destruír algo.

  • Dar cachote. Matar un animal cun golpe na cabeza.

  • Dar capote a un. Deixar avergoñado ou burlado a alguén.

  • Dar casa cuberta. Hospedar.

  • Dar cheda. Andar.

  • Dar co cu no ferrado. Arruinarse.

  • Dar co fío no novelo. Saber ou descubrir a causa de algo.

  • Dar co pai dos melros/Dar no albo/Dar de cheo. Dar co miolo da cuestión.

  • Dar coa carga no chan. Caer ao chan co que se transporta.

  • Dar coa porta nos fociños a alguén. Recibir mal a alguén, tratalo con desconsideración.

  • Dar coma Santiago aos mouros. Golpear.

  • Dar con algo ou alguén. Encontrar algo ou a alguén. Ex: Deu coa resposta acertada. Deu co que buscaba naquela tenda. Deron con el na beira do río.

  • Dar con alguén. Topar con quen nos domina ou impón respecto.

  • Dar con un en que. Coincidir nalgunha cousa.

  • Dar con un redondo. Derribar a alguén dun golpe.

  • Dar consigo (nalgún lugar). Ir parar a algún lugar que non se esperaba.

  • Dar conta de algo. Conseguir realizar ou acabar algunha cousa. Ex: O rapaz non vai dar conta dun bocadillo tan grande. Ese non sei se dará conta do recado que lle mandaches.

  • Dar conta dun. Vencer a alguén dunha forma rápida.

  • Dar couces contra as paredes. Desesperarse ante o imposible.

  • Dar couces contra un aguillón

  • Dar de bo a bo/dada unha cousa. Dar xenerosamente.

  • Dar de cheo. Acertar con algo. Ex: Coa man deulle de cheo na cara. O programa deu de cheo no público.

  • Dar de comer ao demo 1 Facer favores aos desagradecidos.

  • Dar de corpo/de ventre. Defecar.

  • Dar de cu. Quebrar un negocio.

  • Dar de fociños. Caer cara a diante.

  • Dar de man 1 Pasar de man en man a rede para embarcala.

  • Dar de ollo. Facer señas para advertir algo.

  • Dar de presente. Pagar con cartos no momento da compra.

  • Dar de recú. Recuar.

  • Dar do que non é seu. Ser un avaro.

  • Dar do que se ten/do seu. Ser dadivoso.

  • Dar en + infinitivo 1 Perífrase aspectual incoativa que indica o inicio da acción do infinitivo. Ex: O neno deu en chorar e non houbo quen o calase.

  • Dar en duro. Atopar con dificultades.

  • Dar en van. Facer algo pero sen sacar ningún proveito.

  • Dar entre o coiro e a carne. Magoar onde máis doe.

  • Dar estopa/sebo aos pés. Saír correndo.

  • Dar faterna. Burlarse.

  • Dar fe. Asegurar como certo.

  • Dar fondo. Ancorar.

  • Dar gato por lebre. Enganar.

  • Dar gloria/gusto/xenio. Agradar moito.

  • Dar igual/o mesmo/Tanto dá. Non ter importancia algo, ser indiferente.

  • Dar loradas/loradiñas. Golpear.

  • Dar lume cos dentes. Estar furioso.

  • Dar máis voltas ca un muíño/un sarillo. Ser inquieto, non ter acougo.

  • Dar man a algo. Darse maña.

  • Dar mastigada unha cousa. Ofrecer algo que xa está feito ou medio feito.

  • Dar moita faterna unha cousa. Dar moito traballo.

  • Dar na cabeza a alguén. Vingarse de alguén.

  • Dar na cabeza dun. Escarmentar.

  • Dar na cabeza. Contrariar.

  • Dar na ferida/nas mataduras/no vivo/por onde lle doe/por onde peca. Acertar no punto fraco.

  • Dar no chiste. Caer na conta de algo.

  • Dar no fito dun. Lograr un propósito.

  • Dar nos ollos. Ver.

  • Dar o cabo. Realizar a última sacha a un cultivo.

  • Dar o logro. Prestar con usura.

  • Dar o sentir dun a alguén. Confiarlle un segredo.

  • Dar o si. Dar o consentimento.

  • Dar oídos. Dar creto a algo.

  • Dar para peras a un 1 Mallar a unha persoa.

  • Dar pé. Motivar a presenza ou inicio de algo.

  • Dar pincho. Envorcar un vehículo.

  • Dar por bo. Aceptar como válida algunha cousa.

  • Dar por feito. Considerar algo como acabado.

  • Dar que + infinitivo. Ser motivo da acción que se expresa no infinitivo. Ex: Ese asunto moito lle deu que falar á xente.

  • Dar que facer/roer/tecer. Custar traballo e esforzo algunha cousa.

  • Dar que roer/pan ao que non ten dentes. Dar algo a quen non o estima.

  • Dar que van dando. Devolver unha cousa por outra.

  • Dar terra. Enterrar.

  • Dar todo ao demo. Abandonalo todo.

  • Dar tras dun. Perseguir a alguén con furia.

  • Dar trela. Conversar con alguén.

  • Dar un aire. Pasear un pouco.

  • Dar un algo por algo. Desexar moito algo.

  • Dar un brinco o corazón/Dar volta o sangue. Sobresaltarse, recibir unha forte impresión.

  • Dar un carto ao pregoeiro. Gabarse.

  • Dar un dedo e coller unha man. Excederse nas atribucións.

  • Dar un óso a roer. Deixar unha cousa cando xa non serve para nada.

  • Dar un pao. Dar unha arroutada.

  • Dar un para atrás. Repeler algo.

  • Dar un ramo de loucura. Ter pouco siso.

  • Dar un rauto a alguén. Darlle un ataque súbito de xenio.

  • Dar un súpeto. Dar un ataque.

  • Dar un tento. Probar.

  • Dar unha a tortas e outra a dereitas/unha no cravo e outra na ferradura. Facer unha cousa ben e outra mal.

  • Dar unha aldabeada. Dar unha volta por algún lugar.

  • Dar unha boa carda. Reprender a algúen.

  • Dar unha boa felpa/felta. Zoupar a algúen.

  • Dar unha cousa de comer a un. Proporcionar unha actividade o necesario para vivir a alguén.

  • Dar unha man

  • Dar unha volta 1 Sentirse enfermo de súpeto.

  • Dar unha voz. Chamar por alguén, sobre todo para berrarlle.

  • Dar unha xeira. Custar algo moito esforzo.

  • Dar unha xibra/unhas fregas a alguén/ unha do revés. Pegar.

  • Dar volta o calleiro. Vomitar.

  • Dar volta

  • Dar(se) aire. Abanarse.

  • Dar(se) ben con alguén. Conxeniar.

  • Dar(se) por. Considerar(se). Ex: Era noite e deuse por perdido no medio do monte.

  • Darlla (a castaña) a un. Enganar.

  • Darlle (bo/mal) pago. Tratar ben ou mal a algo ou a alguén.

  • Darlle a alguén por aí. Dar nunha teima, encapricharse con algo ou alguén.

  • Darlle á badela/ó badal/ó badalo/á boria/á lingua/á martabela/á mollada/á pibela/á palleta/á tarabela/ó tarabelo/ó trebello/ó veo. Falar moito.

  • Darlle á bagulla. Chorar.

  • Darlle á comida/ó dente/que facer aos dentes. Comer.

  • Darlle a man 1 Dar motivo.

  • Darlle a peta de. Apetecer.

  • Darlle a todo. Saber facer de todo. Ex: É un xornaleiro que lle dá a todo.

  • Darlle á zanca/ó zoco. Andar moito e rápido.

  • Darlle golpes ao mar. Facer algo inútil, en balde.

  • Darlle para tras a algo. Non deixar que algo siga o seu curso normal.

  • Darlle polo gusto. Comprar en exceso.

  • Darlle polo pao. Satisfacer a alguén. Ex. Sempre lle dan polo pau ao rapaz e estano envexando.

  • Darlle por + infinitivo. Acontecer algo que resulta inesperado. Ex: Despois de tantos anos deulle por estudiar.

  • Darlle por alí/aí e valerlle. Teimar nunha cousa e sae coa súa.

  • Darlle sal ao conto. Poñerlle graza a algunha cousa.

  • Darlle un aire. Facer semellante a algo.

  • Darlle un repente a un. Morrer repentinamente.

  • Darlle un verde aos ollos. Alegrar a vista.

  • Darlle unha vareada á besta. Realizar unha pequena viaxe.

  • Darlle unha volta a unha moza. Avivar a paixón.

  • Darlle unha volta na moa a alguén. Burlarse.

  • Darlle vinte voltas de moa a unha cousa/Darlle voltas (na cabeza) a algo. Teimar nun asunto.

  • Darlle

  • Darse (ben, mal, etc) unha actividade. Posuír as calidades que se indican co adverbio para facela. Ex: Dáselle ben a calceta. Dáselle mal estudiar.

  • Darse (de) conta (de). Decatarse de algo.

  • Darse a alguén por alguén. Importar algo.

  • Darse a cavilar. Poñerse a pensar.

  • Darse a vello/novo. Aparentar unha determinada idade. Ex: O seu avó dáse a novo, ninguén lle bota os anos que ten. Ten dezanove anos pero dáse a vello, pois todos lle din que ten máis anos.

  • Darse con un. Aldraxar.

  • Darse cun canto no peito. Conformarse.

  • Darse moita importancia/moito bambán/

  • Darse tanto por alguén como a auga da bogada que vai polo río abaixo. Mostrar indiferenza e desinterese.

  • Darse xeito. Ter maña.

  • Inda non llas dás e xa as sopra. Anticiparse a algo e perder a noción da realidade.

  • na cabeza. Pensar.

  • Non dá nin tolle. Non facer algo nin deixar facer.

  • Non dar feito. Non dar rematado algo que se está a facer con ansia.

  • Non dar golpe/pancada. Non traballar nada.

  • Non dar un can/peso/cadela/etc para unha cousa. Considerar algo sen valor ou de pouca importancia. Ex: Para vicios non che dou un peso.

  • Non dar un peso/carto por alguén ou por algo 1 Pensar que algo non vai ter un bo resultado e enganarse. Ex: Non daba un peso polo novo economista e resultou ser moi eficiente.

  • Non dar unha 1 Non traballar pancada.

  • Non dar unha fala. Non dicir nada.

  • Non dar unha sede de auga/nin a merda que caga. Ser un avaro.

  • Non llo dar a fillo de pai. Apreciar moito unha cousa e non lla dar a ninguén.

  • Quen che dera! Expresión que indica desexo.

  • Tanto dá xabón coma fío negro/Tanto me dá. Non sentir preferencias por nada.

  • unha calda/unha carga a un 1 Amoestar a alguén con vehemencia.

Refráns

  • Á conta do meu compadre, rebandas de pan aos meus afillados.
  • A diñeiro dado, brazo crebado.
  • A quen lle dan, non escolle.
  • A quen mester non ha, non hai para que lle dar.
  • Amaga acá e dá acolá.
  • Amaga alá e dános acá.
  • Ben se ri o diaño, cando o famento dá ao farto.
  • Bocado de mal pan non o comas nin o de as ao teu can.
  • Cansa quen dá, que quen pide non cansa nin cansará.
  • Dá e ten e farás ben e estarás ben.
  • Dade e darvos han, que por dar dan.
  • Dálle O que quixer ao que che pode coller o que tes.
  • Dar con ter, para que nos veñan ver.
  • Dar é de amo, recibir é de criado.
  • Dar é de señor, recibir é de servidor.
  • Dar e de señorío, pedir é necesidade.
  • Dar e ter, siso quer.
  • Dar por "Dios" a quen ten máis ca nos, é cousa de parvos ou de papos.
  • Dar, antes de ame azar.
  • Dar, prestar e fiar, todo é dar.
  • Do pan do meu compadre, aos meus fillos rebanda grande.
  • Do que alleo for, o que o dono quixer.
  • Home que dá en vida o que ten, ou é parvo ou tolo ou non anda ben.
  • iAí vai o ben que a vella ten!
  • Mans que non dades ¿que queredes? ¿que buscades?
  • Mellor queto un toma que dous che darei.
  • Meu parente Pedro é bo; tanto me el dá, tanto lle eu dou.
  • Moito pide o louco e máis louco é quen llo dá.
  • No tomar e dar é fácil errar.
  • Non dá o que ten máis senón o que está afeito a dar.
  • Non dá que n ten senón quen ten e quere.
  • Non lle deas millo aos paxaros, que xa cho comerán eles.
  • Non lle negues o pan ao pobre que de porta en porta vai, que ese amóstrache o camiño que mañá podes levar.
  • Non manda "Dios" dar a quen ten máis ca nós.
  • Non tódolos que dan son bos nin tódolos que dan son parvos.
  • O dado, dado; e o emprestado, emprestado.
  • O dar é honor, o pedir é dor.
  • O emprestado é parente do dado.
  • O moito dar é véspera do moito pedir.
  • Ó mozo que lle sabe ben o pan, é pecado o compango que lle dan.
  • O que a can alleo dá pan, perde o pan e perde o can.
  • O que come ben o pan é pecado o compango que lle dan.
  • O que dá a facenda antes de morrer, merece que o traian a mal traer.
  • O que dá a quen o entende, non llo dá, que llo vende.
  • O que dá ben vende, se o que recibe entende.
  • O que dá o que ten antes de que morra, merece que lle dean cunha cachiporra.
  • O que dá o que ten antes que morra, merece que lle dean coa cachiporra.
  • O que dá pan a can alleo, perde o pan e perde o cadelo/codelo.
  • O que do seu fai alleo, mete pallas no seo.
  • O que has dar ao rato, dállo ao gato.
  • O que has dar, non o fagas cobizar.
  • Ó que lle dan, non escolle.
  • O que lle has dar ao rato dállo ao gato.
  • O que lle has dar ao rato, dállo ao gato; anque máis come un gato dunha ves, que un rato en tres.
  • O que moito dá, logo se cansa.
  • O que regala ben vende, se o que colle o regalo entende.
  • O que tarda en dar, non sabe dar.
  • O que todo o dá, todo o nega/todo o perde.
  • Onde unha porta se abre outra se pecha.
  • Onde unha porta se pecha outra se abre.
  • Para dar e ter, siso é mester.
  • Para que n non quere todo me sobra.
  • Quen pouco ten e iso dá, logo se arrepentirá.
  • Se o has dar, non o fagas cobizar.
  • Se o que ten non o dá, o que non ten ¡que fará!
  • Tal é a man, tal é o que dá.
  • Tanto queixo como pan nunca se debe dar.
  • Tanto ten negar como tarde dar.
  • Tarde dar e negar, anda á par.
  • Unha agulla para a bulsa e para a boca, dúas.
  • Vale máis deixar na morte ao inimigo, que pedir na vida ao amigo.
  • ¡A esoutra porta, que esta non" se abre!
  • ¡A outra porta, que esta está pechada!
Conxugar
VERBO dar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dou
dás

damos
dades
dan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
daba
dabas
daba
dabamos
dabades
daban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dei
deches
deu
demos
destes
deron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dera
deras
dera
deramos
derades
deran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
darei
darás
dará
daremos
daredes
darán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
daría
darías
daría
dariamos
dariades
darían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dea
deas
dea
deamos
deades
dean
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dese
deses
dese
desemos
desedes
desen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
der
deres
der
dermos
derdes
deren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-

-
-
dade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dar
dares
dar
darmos
dardes
daren
Xerundio dando
Participio dado
dada
dados
dadas