debilidade

debilidade

(< lat debilĭtāte)

  1. s f
    1. Calidade ou estado de débil.

      Ex: Non podía andar porque tiña debilidade nas pernas. A debilidade dos partidos políticos evidenciouse ante a falta dunha solución ó problema.

      Sinónimos: febleza.
    2. Carencia de forza ou de vigor, sobre todo por non ter comido.

      Ex: A aquelas horas sempre tiña moita debilidade e tiña que comer algo.

      Sinónimos: febleza.
  2. s f
    1. Aspecto no que algo ou alguén é feble.

      Ex: As debilidades humanas están presentes dende tempos moi antigos.

    2. Defecto que posúe unha persoa pero que, en certa forma, se lle pode perdoar.

      Ex: A súa única debilidade é tomar o café no bar.

    3. Afección excesiva que mostra unha persoa por algo.

      Ex: A súa debilidade sempre foi o tenis, nunca perde un partido.

    4. Inclinación cara a unha persoa pola que se sente especial predilección.

      Ex: Dende sempre tivo debilidade polo seu neto máis vello.

  3. debilidade mental [PSIC]

    Estado psíquico que se caracteriza por unha diminución anormal da capacidade intelectual do individuo, asociado con importantes problemas de adaptación.

Refráns

  • Dous poldros a un can, ben o morderán.
  • Non remexas que todo te esparamexas.
  • O malpocado, pouco mal e ben laiado.
  • O que se deixa gobernar, mal pode mandar.

Palabras veciñas

Debesse, Maurice | debicar | debido -da | debilidade | debilitación | debilitamento | debilitante