Decauville, tren

Decauville, tren
[TRANSP]

Sistema francés de vías desmontables e de doado traslado para pequenos transportes ferroviarios eventuais, ideado por Paul Decauville (1846-1922). A anchura da vía é de 60 cm e os carrís van asentados fixamente sobre os traveseiros de ferro, que son moi amplos e permiten colocar a vía sobre o terreo sen necesidade do leito de grava habitual nas liñas fixas. Pódese usar en obras e, nalgún caso, no transporte de viaxeiros.

Palabras veciñas

décathlon | decatizado | decatrón | Decauville, tren | Decazes et de Glücksberg, Élie | Decca | Deccan