decembro
decembro
(
s
m
Doceavo e derradeiro mes do ano, de 31 días, denominado tamén mes de Nadal. Orixinariamente (no primeiro calendario romano) era o décimo mes do ano e de aí o seu nome latino. Coa reforma de Numa pasou a ocupar o posto actual.
Ex: Collemos as vacacións no mes de decembro.
Citas
- Collemos as vacacións no mes de decembro.
Refráns
- Día de Santa Lucía énchete de auga ou de sardiña.
- En decembro descansa e en xaneiro traballa.
- Pola santa Lucía mascatos na badía.
- Polo Nadal, frío cordial.
- Por santa Lucía comeza a crecer o día.
- Se non chega para a Santa Lucía, chega para o outro día.
- ¡San Silvestre, meigas fóra!