decepción

decepción

(

  1. s f

    Impresión negativa que se experimenta cando algo ou alguén non é ou non actúa como se esperaba.

    Ex: Levei unha gran decepción cando vin o regalo, pois non me gustaba nada. O seu comportamento produciume unha gran decepción, xa que non esperaba que actuara de forma tan ruín.

    Sinónimos: desencanto, desengano, desilusión.
  2. s f

    Persoa ou cousa que nos fai sentir esta impresión.

    Ex: O aspirante resultou ser unha decepción para todos os espectadores.

    Sinónimos: desilusión.

Palabras veciñas

decénviro | decepa | decepar | decepción | decepcionado -da | decepcionante | decepcionar