declinatoria
declinatoria
(< declinar)
s
f
[DER]
Incidente procesual que consiste en achegar unha solicitude dirixida ao xuíz ou tribunal, que unha das partes considera incompetente, para que se absteña de saber dun determinado asunto e o remita ao xuíz ou tribunal competente. É unha cuestión de competencia que constitúe unha excepción dilatoria e que se tramita na forma prevista para os incidentes. Pode ser presentada polas partes ou polo Ministerio Fiscal.