deconstrución

deconstrución

(< de- + construcción)

s f [FILOS/LIT]

Teoría filosófica postulada a finais dos anos sesenta polo filósofo francés Jacques Derrida e adiantada nalgúns dos seus aspectos polo teórico da literatura Roland Barthes. Tivo unha gran repercusión nos EE UU, en especial nos representantes do chamado Grupo de Yale (Paul de Man, J. Hillis Miller, Harold Bloom, Barbara Johnson e Geoffrey Hartman, entre outros). Pretende cuestionar conceptos básicos da filosofía occidental desde Platón, como a oposición entre o sensible e o intelixible, entre significante e significado, a existencia dun centro ou orixe do ser, a noción de logos, etc. Así mesmo, revisou outras nocións fundamentais da teoría literaria como os conceptos de mímese, verdade e fición, o sentido literal e metafórico da linguaxe poética, as relacións entre fala e escritura ou entre lectura e significado.

Palabras veciñas

Decoin, Didier | décollement* | deconde | deconstrución | decoración | 1 decorado | 2 decorado -da