decrecente

decrecente

(

  1. adx

    Que decrece.

  2. adx [BOT]

    Aplícase ás follas que son máis pequenas canto máis arriba está situado o seu punto de inserción.

  3. adx [LING]

    Aplícase ao ditongo que ten en segunda posición o elemento máis pechado. En galego son ditongos decrecentes: ai (caixa), ei (leira), oi (noite), au (mausoleo), eu (leu) e ou (couceiro); en portugués, noite, leite, etc; en castelán, cautela, bailar, etc; en inglés house, fine [aj].

  4. progresión decrecente

    Progresión ou serie na que os termos van diminuíndo.

Palabras veciñas

decote | découpage* | decrecemento | decrecente | decrecer | decrementímetro | decremento