dedicatoria
dedicatoria
(< dedicatorio)
s
f
Escrito realizado con afecto, xeralmente no que se lle dedica a alguén algo, que adoita ser un libro, unha fotografía ou similar. Nun libro sitúase normalmente ao comezo e nela o autor expresa a súa admiración, gratitude ou amizade cara a alguén á vez que lle fai unha entrega simbólica do texto. A práctica remóntase á antigüidade grecolatina. O testemuño máis antigo que se coñece corresponde a Horacio, quen lle dedicou as súas Odas a Mecenas. Ata o s XIX, as motivacións eran principalmente o beneficio económico e a protección social, pero a partir daquela perderon o seu carácter utilitario e público para cinguirse, polo xeral, ao mundo dos afectos do escritor, adoptando un ton máis persoal.