dedución
(< lat deductĭōne)
-
s
f
Acción de deducir.
-
[FILOS]
-
s
f
Razoamento mediante o que se conclúe rigorosamente dunha ou máis proposicións (premisas), outra que é a consecuencia (conclusión), en virtude dunhas regras lóxicas. Identificada a miúdo co siloxismo, como método cognoscitivo adoita contrapoñerse á indución. Distínguense a dedución construtiva ou demostración, da simple dedución formal, na que a conclusión non engade nada novo.
-
deducción natural
Método de lóxica proposto por Gerhard Gentzen en 1934 que consiste nunhas regras de inferencia, válidas na lóxica proposicional e cuantificacional.
-
s
f
-
-
s
f
Cantidade que se deduce.
-
deducción fiscal
[ECON]
Cota que se deduce da renda taxable sometida a imposición fiscal. O seu obxectivo principal é obter unha mellor redistribución da renda. Os factores que a favorecen son os gastos de explotación, os persoais e as cargas familiares do contribuínte.
-
s
f