definitio*

definitio*
s f [LIT]

Figura retórica de pensamento que consiste na relación pormenorizada dos trazos máis importantes dun concepto, realidade ou obxecto. É subxectiva, consecuencia dos sentimentos do autor e da intención que teña. Existen a definitio normativa, que informa do sentido no que debe interpretarse unha expresión; a descritiva, que indica a acepción utilizada segundo a situación; a de condensación, que destaca o esencial da descritiva; e a complexa, que xorde da mestura das anteriores.

Palabras veciñas

definiendum* | definiens* | definir | definitio* | definitivo -va | defixión | 1 deflación