deflector -ra
deflector -ra
(< deflectir)
-
adx
Que produce deflexión.
Ex: Placa deflectora.
-
s
m
[TRANSP]
-
Fiestra pequena que pode xirar sobre un eixe vertical e que, fixada ás portas de diante dos automóbiles, permite a entrada de máis ou menos aire segundo a súa orientación.
-
Pantalla que se coloca sobre a cabina dos camións para mellorar a penetración aerodinámica a altas velocidades.
-
-
s
m
[TECNOL]
Dispositivo que desvía o chorro que fai funcionar unha turbina Pelton, cando diminúe de xeito brusco a carga desta.
-
s
m
[TECNOL]
Cabeza dos pistóns empregados nos motores de dous tempos. Ten unha forma especial que permite asegurar a distribución uniforme da mestura na cámara de combustión e evitar que fuxa pola válvula de escape aberta ao mesmo tempo ca a de admisión.