delicia
delicia
(< lat delicĭa)
-
s
f
Pracer intenso e exquisito.
Ex: Asistiu ó concerto con moita delicia. Unha delicia da gastronomía galega son as filloas.
Sinónimos: deleite, gozo. -
s
f
Aquilo que causa pracer.
Ex: No circo o pallaso é a delicia dos rapaces. Este libro é unha delicia.
Confrontacións: delicadeza. -
s
f pl
[ALIM]
Biscoito recheo de marmelada de pera e albaricoque, crema, cabelo de anxo ou outro produto, e conformado en forma de rolo. Tamén poden recibir este nome distintas preparacións culinarias sen que correspondan a un procedemento particular.