delirante
delirante
(< delirar)
-
adx
Que delira.
Ex: O enfermo delirante ten preocupados os médicos.
-
adx
Que implica delirio.
Ex: O enfermo tiña un cadro delirante.
-
adx
Que é absurdo debido á súa esaxeración.
Ex: Ten un amor delirante pola súa empresa e non atende a familia. A súa actuación foi aclamada cunha delirante ovación.
-
concepción delirante
[PAT]
Concepción patolóxica que se orixina por certos trastornos da personalidade que consiste nunha alteración das relacións do eu co seu mundo.