delirium tremens*

delirium tremens*
s m [PAT]

Psicose tóxica asociada case sempre ao alcoholismo crónico. Caracterízase xeralmente por un estado de obnubilación da consciencia, acompañado de alucinacións, sobre todo táctiles e visuais, de tremores e de ilusións e incoherencias do pensamento. Dáse especialmente en casos de abstinencia brusca ou de infeccións intercorrentes.

Palabras veciñas

delirar | deliria | delirio | delirium tremens* | deliróxeno -na | Delisle, Guillaume | Delisle, Joseph-Nicolas