Demarcos
Demarcos
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica ou patronímica. Está formado sobre a base léxica marco e mais a preposición de, indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Tamén é posible que se formase a partir do antropónimo Marcos, mais a a preposición de, indicadora da función patronímica. Na Idade Media atéstanse casos que remiten ao patronímico: “Lopo de Marco” (doc ano 1473 en J. García Oro, Galicia en la Baja Edad Media, 1977, p 252).