Democracia, La
Democracia, La
[PUBLIC]
Periódico aparecido en 1885 en Ferrol. Fundado e dirixido polo impresor Francisco Suárez García, quen foi encarcerado en diversas ocasións, constituíu o órgano de expresión dos membros do partido republicano. Cesou probablemente en 1896 debido á división interna dos republicanos despois da incorporación da ideoloxía socialista. Enfrontouse acotío a El Correo Gallego e La Monarquía, voceiros da clase media e conservadora, respectivamente.