denario
(< lat denarĭu)
-
s
m
[NUMIS]
Moeda romana de prata cuñada probablemente a partir do ano 268 a C. Inicialmente equivalía a 10 ases e pesaba uns 4,54 g, pero no 145 a C dividiuse en 16 ases. No Alto Imperio perdeu peso e quedou en 3,9 g, e durante o Baixo Imperio reduciuse a súa proporción de prata. O tipo inicial levaba a cabeza de Minerva e o numeral X no anverso e, no reverso, os Dióscuros a cabalo coa lenda ROMA. A tipoloxía, sen embargo, variou moito ao longo dos séculos. Así, durante o Imperio os denarios levaban xeralmente o busto do emperador. Na Península Ibérica, as tribos ibéricas cuñaron denarios de prata de patrón romano nos ss II e I a C.
-
denario de ouro
[NUMIS]
Moeda romana de ouro do mesmo peso ca o denario de prata e cun valor de 10 destes, equivalía a 1/2 aúreo ou ao quinario. Está nas series consulares e imperiais.