dentario -ria
dentario -ria
(< dente)
-
adx
Relativo ou pertencente aos dentes.
-
fórmula dentaria/dental
[ANAT]
Representación numérica da dentadura dun animal na que se expresa o número e a situación das distintas pezas dentarias que hai en cada mandíbula. Consiste en oito números, catro arriba e catro abaixo, separados por unha liña horizontal. Os números representan, de esquerda a dereita, a cantidade de incisivos, caninos, premolares e molares de cada metade de cada maxilar. O número total de dentes obtense ao sumar os elementos de cada barra e multiplicar o resultado por dous.