dentina
dentina
(< dente)
s
f
[BIOL]
Substancia dura que forma a parte principal dos dentes dos vertebrados. Quimicamente está composta de fosfato cálcico e materia orgánica, principalmente coláxeno e pequenas cantidades de elastina. Está atravesada por pequenas canles polas que pasan as fibras nerviosas, os capilares sanguíneos e as prolongacións das células formadoras de dentina. Envolve a polpa dental e vai cuberta polo esmalte na coroa e polo cemento na raíz. Tamén recibe o nome de marfil.