deportación

deportación

(

  1. s f

    Acción e efecto de deportar.

  2. s f [DER]

    Pena de privación de liberdade consistente en enviar o condenado a un territorio afastado, fóra do país. Aplícaselles a persoas consideradas socialmente perigosas. Un primeiro precedente desta pena foi o ostracismo na Atenas clásica. Co desenvolvemento do colonialismo europeo dende o s XVI, os poderes xudiciais aproveitaron os territorios ultramarinos para enfatizar a dureza do castigo. Nos ss XVIII e XIX os británicos constituíron auténticas colonias penitenciarias na India e, sobre todo, en Australia. En Rusia, a dura estepa siberiana foi o campo preferido para as deportacións que decretaron tanto os tsares como os soviets contra os seus inimigos políticos. En España, onde se utilizaron os territorios americanos e as Canarias, a deportación desapareceu do ordenamento xurídico coa aprobación da Constitución de 1978.

Palabras veciñas

depopulación | depor | Deporaus | deportación | deportado -da | deportar | deporte